Sobre nós

Nos últimos anos produciuse un avance significativo na tecnoloxía de impresión en tres dimensións, tamén coñecida como fabricación dixital. Durante este período se teñen reducido os custos de impresión nunha tendencia que aínda se prolongará máis ata a xeneralización do seu uso. As impresoras 3D están a desenvolver avances nos máis diversos eidos dende a enxeñaría industrial á mediciña pasando pola cociña ou a investigación espacial. Trátase dunha nova ferramenta de traballo para a que xa hai que estar preparados.

Queremos contribuír ao desenvolvemento da fabricación digital e acomunidade RepRap ofrecendo tres tipos de servizos: a impresión en tres dimensións ou protipado rápido, os cursos de manexo de impresoras e a venda de impresoras 3D e materiais de impresión na nosa tenda.

Brinka3D xorde arredor da experiencia acumulada no estudo BRINK|A Arquitectura + Deseño, un estudo multidisciplinar que evoluciona coas novas tecnoloxías e que contribúe con varios anos de experiencia internacional. O contacto con profesionais de diferentes áreas fíxonos ver as grandes posibilidades da tecnoloxía de impresión 3D e as súas múltiples aplicacións tanto no eido profesional como educativo.

Se queres saber máis sobre o noso traballo podes poñerte en contacto connosco chamando ao teléfono 616014946, escribíndonos un email a info@brinka3d.com ou a través do seguinte formulario:

Los campos marcados con * son obligatorios.

Voltar arriba

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, cliquear o enlace para maior información.

ACEPTAR