Modelado libre e Impresión 3D na EU (SCQ)

Modelado libre e Impresión 3D na EU (SCQ)

Modelado libre e Impresión 3D na EU (SCQ)

Comentarios desactivados en Modelado libre e Impresión 3D na EU (SCQ)

MODELADO LIBRE E IMPRESIÓN 3D NA ESCOLA UNITARIA (SCQ)

Impartido por: Enrique Otero Neira – Brinka3D

Nivel: Iniciación

Duración: 12 horas

Horario: Sábado de 10h a 14h e de 16h a 19h e domingo de 10h a 15h

Localización: Escola Unitaria (Santiago de Compostela)

N.º de prazas: 15

Cuota de inscrición: 80 €

Datas: 20 e 21 de Febreiro 2016

Inscrición na web da Escola Unitaria (prema aquí)

 

Descrición:

A través dun software gratuíto e sinxelo como son ferramentas 123D app de Autodesk, aprenderase a escanear en 3D, a modelar de xeito escultórico e a modificar arquivos descargados de bibliotecas online. Unha vez o modelo informático estea listo, prepararase o arquivo para a súa impresion 3D utilizando os distintos software necesarios (Netfabb, Slic3r, etc.).

 

Programa:

– Sesión 1: O formato STL, referencia para a impresión 3D.
– Sesión 2: Escaneado 3D a partir de fotografías co 123D Catch.
– Sesión 3: Repositorios online de modelos 3D.
– Sesión 4: Modificación de modelos co Meshmixer.
– Sesión 5: Ferramentas esculturais Meshmixer / Sculpt+.
– Sesión 6: Programas alternativos de modelado.
– Sesión 7: Tratamento avanzado de arquivos co Netfabb.
– Sesión 8: Preparación do modelo para a súa impresión co software de laminado.

Docente:

Arquitecto, iniciou a súa carreira en Ámsterdam, en 2008 trasládase a Barcelona e traballa en varios proxectos de prestixio internacional. Sempre relacionado coas novas tecnoloxías, o deseño CAD/BIM e a Impresión 3D, en 2014 funda Brinka3D.

 

Destinatarios:

Tódalas aquelas persoas interesadas no modelado 3D, a Impresión 3D e as súas aplicacións tanto a nivel profesional (arquitectura e das enxeñarías, deseñadores de calquer escala, profesorado, etc.) como afeccionado, preferentemente con coñecementos previos de modelado 3d con programas CAD.

 

Material incluído no obradoiro:

(facilitarase un dvd aos asistentes co programa e exemplos empregados ao longo do obradoiro)

 

Necesidades:

Os asistentes precisarán o seu propio portátil onde instalarán software gratuito (válido tanto para windows como para mac). Recoméndase tamén traer unha tableta (android ou ipad) para empregar o Sculpt+.

 

Inscrición na web da Escola Unitaria (prema aquí)

Voltar arriba

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, cliquear o enlace para maior información.

ACEPTAR