Cursos e obradoiros para afeccionados e grupos de makers

A facilidade de uso e o baixo custo da tecnoloxía de impresión 3D baseada no modelo RepRap fai posible achegar esta tecnoloxía dende o eido profesional ao doméstico. Os deseños realizados no ordenador xa non son un modelo abstracto senón que se trasladan ao mundo físico.

Grazas a estes avances están aparecendo multitude de comunidades de afeccionados á fabricación dixital, coñecidos como makers, arredor do mundo. Xente de todo tipo e condición que desenvolve a creatividade dun xeito completamente novo a través da impresión 3D.

Estes cursos están indicados para calquera grupo de afeccionados, especialmente os desenvolvidos polos centros cívicos e as asociacións de modelismo e robótica. Propóñense varios cursos de distintas duracións e niveis:

– Introdución á impresión doméstica:
Presentar a tecnoloxía de impresión 3D e desenvolvemento a nivel doméstico. Utilizando software gratuíto e sinxelo de deseño 3D, explicaranse as ferramentas básicas de modelado e a modificar os arquivos descargados de bibliotecas online e como imprimilos.

– Curso de manexo de impresora 3D:
Desenvolver as habilidades de impresión 3D utilizando os distintos software necesarios, aprender a calibrar para conseguir unha impresión de calidade e optimizar o uso da impresora.

– Taller de modelado e impresión 3D:
Aprender a manexar os programas de modelado informático para poder desenvolver un obxecto dende o deseño 3D ata a preparación do arquivo para a súa impresión 3D, pasando polo mantemento básico e calibración da impresora.

– Obradoiro de ensamblaxe (constrúe a túa propia impresora):
Taller de fabricación dunha impresora RepRap e aprender o manexo do software de impresión. Non son necesarios coñecementos específicos de electrónica ou informática.
*O curso inclúe o kit de impresora BCN3D+ de xeito que o asistente terá unha impresora montada por el mesmo o rematar o curso.

MÁIS INFORMACIÓN:

Solicita máis información a través do seguinte formulario e poñerémonos en contacto contigo para adaptar estes cursos ás túas necesidades.

Los campos marcados con * son obligatorios.

Voltar arriba

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, cliquear o enlace para maior información.

ACEPTAR