Cursos e obradoiros para empresas

Nos últimos anos produciuse un avance significativo na tecnoloxía de impresión en tres dimensións. Durante este período se teñen reducido os custos de impresión nunha tendencia que aínda se prolongará máis ata a xeneralización do seu uso. As impresoras 3D están a desenvolver avances nos máis diversos eidos dende a enxeñaría industrial á mediciña, pasando pola cociña ou a investigación aeroespacial. Trátase dunha nova ferramenta de traballo para a que xa hai que estar preparados.

Deseñamos cursos que se axusten ás necesidades específicas e aos recursos concretos da empresa. Indícanos os datos a través do formulario e propoñerémosche un curso adaptado para que a empresa lle poida sacar o maior partido posible á impresión 3D dentro do seu propio eido profesional.

Los campos marcados con * son obligatorios.

Voltar arriba

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, cliquear o enlace para maior información.

ACEPTAR