Cursos e obradoiros para estudantes universitarios e profesionais

A fabricación dixital é un novo instrumento profesional mediante o cal desenvolver o proceso creativo dende a idea abstracta á materialización dun xeito máis rápido, flexible e económico.

Estos cursos pretenden achegar as novas tecnoloxías aos profesionais e aos futuros profesionais a través de talleres prácticos á vez que se mostra a impresión 3D como unha nova ferramenta profesional da que se pode sacar gran partido nos máis diversos eidos como poden ser a arquitectura, as enxeñarías, as artes, o deseño a calquer escala, etc.

Propóñense tres cursos básicos persoalizables en función dos requerimentos de cada centro universitario ou colexio profesional:

– Introdución á fabricación dixital:
Presentar a tecnoloxía de impresión 3D e a súa aplicación nos distintos ámbitos dende o prototipado á fabricación. Orientarase os asistentes nas múltiples posibilidades desta tecnoloxía e as vantaxes para o seu eido profesional.

– Curso de impresión 3D:
Desenvolver as habilidades de impresión 3D utilizando os distintos software necesarios, aprender a calibrar para conseguir unha impresión de calidade e optimizar o uso da impresora.

– Obradoiro de ensamblaxe (constrúe a túa propia impresora):
Taller de fabricación dunha impresora RepRap e aprender o manexo do software de impresión. Non son necesarios coñecementos específicos de electrónica ou informática.
*O curso inclúe o kit de impresora BCN3D+ de xeito que o asistente terá unha impresora montada por el mesmo o rematar o curso.

MÁIS INFORMACIÓN:

Podes consultar o noso dossier seguindo este enlace. Solicita máis información a través do seguinte formulario e poñerémonos en contacto contigo para adaptar estes cursos ás túas necesidades.

Los campos marcados con * son obligatorios.

Voltar arriba

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, cliquear o enlace para maior información.

ACEPTAR