Assemble your own 3D printer in Santiago (SCQ)

Assemble your own 3D printer in Santiago (SCQ)

Assemble your own 3D printer in Santiago (SCQ)

Comments Off on Assemble your own 3D printer in Santiago (SCQ)

CONSTRÚE A TÚA IMPRESORA 3D NA ESCOLA UNITARIA (SANTIAGO DE COMPOSTELA)

Impartido por: Brinka3D

Nivel: Iniciación

Duración: 20-25 horas

Horario:
– Sesión 1 – Venres tarde (16-21h. aprox)
– Sesión 2 – Sábado mañá (9-14h. aprox)
– Sesión 3 – Sábado tarde (16-21h. aprox)
– Sesión 4 – Domingo mañá (9-14h. aprox)
– Sesión 5 – Domingo tarde (16-21h. aprox)

* Cada unha das sesión ten unha duración estimada de 4-5 horas con unha intensidade de traballo moderada. Os asistentes poderán ir ó seu ritmo polo que poden facer o descansos cando o precisen sen interrumpir ao resto dos participantes no obradoiro.

Localización: Escola Unitaria (Santiago de Compostela)

N.º de prazas: 15

Cuota de inscrición: 1.198€ (curso+kit impresora) PÓDESE MERCAR UNHA MATRÍCULA PARA DOUS PARTICIPANTES, PREVIO AVISO.

Datas: 6,7,8 de Maio de 2016

Inscrición na web da Escola Unitaria (prema aquí)

Descrición:

Obradoiro de ensamblaxe da impresora RepRap BCN3D+. Ao rematar o curso, o asistente terá unha impresora 3D completamente montada e controlando o seu manexo e mantemento. Durante o obradoiro tamén aprenderá a utilizar os distintos programas de software open source necesarios.

Programa:

– Sesión 1: Presentación. Montaxe da estrutura e dos eixos X e Y.
– Sesión 2: Cableado da máquina e colocación dos motores.
– Sesión 3: Montaxe do extrusor e dos elementos electrónicos.
– Sesión 4: Instalación e explicación do software.
– Sesión 5: Calibración e primeiras probas.

Os asistentes seguirán os titoriais de montaxe creados por BCN3D Technologies nos seus portátiles, os profesores irán observando e corrixindo os posibles erros. Cada manobra importante será supervisada directamente polos profesores que comprobarán o perfecto funcionamento da impresora 3D dos alumnos. Tamén se inclúe unha clase teórica para explicar o software e o fluxo de traballo na Impresión 3D.

Destinatarios:

Tódalas aquelas persoas maiores de 16 anos interesadas no mundo do 3D e as súas aplicacións no día a día, sen limitación na edade. Estudantes, profesionais da arquitectura e das enxeñarías, deseñadores de calquer escala, profesorado e afeccionados interesados na Impresión 3D e (preferentemente) con coñecementos previos de debuxo en 3D.

* Non son necesarios coñecementos específicos de electrónica ou informática.
* Non se realizarán ningún tipo de soldaduras, trátase dun proceso de ensamblaxe.
* Cada asistente o curso poderá levar un acompañante sen custo engadido
.

Material incluído no obradoiro:

– O curso inclúe o kit de impresora BCN3D+ de xeito que o asistente terá unha impresora montada por el mesmo o rematar o curso.
– Este kit contén tódalas ferramentas necesarias para a sua montaxe e unha bobina de material PLA de 1 kg para realizar as primeiras impresións.

* Os asistentes precisarán o seu propio portátil, o resto do material necesario está incluído no kit.

Inscrición na web da Escola Unitaria (prema aquí)

Características da impresora BCN3D+:

– Volume de impresión: 240 x 210 x 200 mm.

– Tamaño da impresora: 500 x 550 x 500 mm. aproximadamente.

– Superficie de impresión calefactada para mellor adherencia da impresión.

– Fiable e lista para diferentes materiais: PLA, ABS, Nylon, Filaflex, etc.

– Dispoñibles actualizacións de doble extrusor e impresión de pasta.

Vantaxes respecto outros modelos RepRap:

– Deseños compactos e robustos, sen ningún cable solto.

– Configuracións de impresión optimizadas polo equipo de BCN3D Technologies, para que ti non perdas tempo buscando a configuración axeitada.

– Servizo de atención técnica por parte do equipo de deseñadores da impresora.

– Garantía de un ano nas pezas da impresora e dispoñibilidade de recambios.

– Control de calidade de todos os materiais de impresión para que podas estar seguro de que funcionarán correctamente coa túa impresora 3D.

– Proxecto promovido pola U.P.C. Barcelona en continuo desenvolvemento e mellora, polo que podes dispoñer de actualizacións de software e hardware.

Inscrición na web da Escola Unitaria (prema aquí)

Back to Top

Uso de cookies

We use cookies more info here (in Spanish). If you want to continue please press "Aceptar"

ACEPTAR