Scan and 3D Printing at Unitaria (SCQ)

Scan and 3D Printing at Unitaria (SCQ)

Scan and 3D Printing at Unitaria (SCQ)

Comments Off on Scan and 3D Printing at Unitaria (SCQ)

ESCANEADO E IMPRESIÓN 3D NA ESCOLA UNITARIA (SANTIAGO DE COMPOSTELA)

Impartido por: Enrique Otero Neira – Brinka3D

Nivel: Iniciación

Duración: 16 horas

Horario: Sábado de 10h a 14h e de 16h a 20h e domingo de 10h a 14h e de 16h a 20h

Localización: Escola Unitaria (Santiago de Compostela)

N.º de prazas: 15

Cuota de inscrición: 90 €

Datas: 29 e 30 de outubro 2016

 

Inscrición na web da Escola Unitaria (prema aquí)

Descrición:

Este obradoiro quere achegar o modelado e a Impresión 3D a tódalas aquelas persoas interesadas enseñando a empregar os programas de modelado informático para desenvolver un obxecto dende o deseño 3D ata a preparación do arquivo e a sua Impresión 3D sen necesidade de usar ferramentas CAD clásicas.

Aprenderase a escanear en 3D a partir de fotografías e escáner láser e a modificar os modelos de xeito excultorico. Unha vez o modelo estea listo, prepararase para a sua impresión 3D a través do software necesario. Todo elo a través de programas sinxelos, intuitivos e gratuítos ao marxe das ferramentas CAD clásicas.

Programa:

– Sesión 1.- Escanado a partir de fotografías.
– Sesión 2.- Procesado e explicación do uso do escáner láser.
– Sesión 3.- Limpeza e escalado dos modelos obtidos.
– Sesión 4.- Modificación escultórica do modelo base escaneado.
– Sesión 5.- Preparación do modelo para a sua impresión 3D.
– Sesión 6.- Ferramentas alternativas para a creación e descarga de modelos online.
– Sesión 7.- Introducción a impresión 3D e aplicación do escaneado 3D.
– Sesión 8.- Tratamentos de post-producción dos modelos obtidos.

Docente:

Enrique Otero Neira é arquitecto, iniciou a súa carreira en Ámsterdam no estudio Loehmann’s Architecture · Urban + Industrial Design, en 2008 trasládase a Barcelona e traballa en varios proxectos de prestixio internacional. Sempre relacionado coas novas tecnoloxías, o deseño CAD/BIM e a Impresión 3D, en 2014 funda Brinka3D. Dende entón impartiu múltiples obradoiros de modelado, deseño e Impresión 3D.

Destinatarios:

Tódalas aquelas persoas interesadas no escaneado 3D e as suas aplicacións tanto a nivel profesional (especialmente escultura, xoiería, moda, mediciña, etc.) como afeccionados sen necesidade de ter coñecementos previos de modelado en 3D ou de debuxo CAD.

Material incluído no obradoiro:

(entregarase un dvd aos asistentes co programa e exemplos empregados ao longo do obradoiro ou facilitarase a instalación dos programas a través dun pendrive)

 

Necesidades:

Os asistentes precisarán o seu propio portátil onde instalarán software gratuito (válido tanto para windows como para mac)

 

Inscrición na web da Escola Unitaria (prema aquí)

 

Back to Top

Uso de cookies

We use cookies more info here (in Spanish). If you want to continue please press "Aceptar"

ACEPTAR