Actividades escolares: Cursos e obradoiros

As novas xeracións de impresoras 3D tipo RepRap permiten achegar esta tecnoloxía dende o eido profesional ao doméstico e tamén ao educativo. A fabricación dixital converteuse nun novo instrumento didáctico mediante o cal o alumnado entende mellor o proceso creativo e o seu desenvolvemento dende a idea abstracta á materialización.

Estas propostas pretenden introducir ao alumnado nas novas tecnoloxías a través de obradoiros prácticos á vez que se mostra a impresión 3D como unha nova ferramenta didáctica da que os profesores poden sacar gran partido, tanto na área de tecnoloxía coma noutras áreas de xeito transversal.

PROPOSTA DE UNIDADE DIDÁCTICA:

Destinatarios:
Orientado principalmente ao alumnado de Educación Secundaria e Bacherelato, tamén dispoñemos de actividades dirixidas a Formación Profesional e Ciclos Formativos.

Obxectivos xerais:
– Usar as tecnoloxías de xeito constructivo.
– Entender o proceso de deseño dende a idea abstracta á materialización.
– Introducir ás ciencias técnicas e enxeñarías de xeito ameno.
* A parte dos obxectivos xerais do curso, en cada actividade trataránse temas transversais específicos.

Descripción e metodoloxía:
– Este proxecto pode levarse a cabo en galego, castelán ou inglés.
– Propóñense unha serie de actividades tipo que se adaptarán a programación curricular do centro en diálogo cos profesores.
– As actividades están estructuradas nunha introducción teórica, unha tarefa nos equipos informáticos e unha tarefa práctica de impresión e/ou ensamblaxe onde o alumnado empregará a impresora 3D.

CURSOS PARA PROFESORES:

Son cursos de introdución á tecnoloxía 3D específicos para profesores, poñendo o acento nas múltiples posibilidades e vantaxes pedagóxicas da Fabricación Dixital dentro da aula. Propóñense tres cursos básicos persoalizables en función dos requirimentos de cada centro educativo.

– Introdución á fabricación dixital para profesores:
Presentar a tecnoloxía de impresión 3D e a súa aplicación nos distintos ámbitos dende o prototipado á fabricación. Orientarase aos asistentes nas múltiples posibilidades desta tecnoloxía e as suas vantaxes pedagóxicas.

– Curso de impresión 3D para profesores:
Desenvolver as habilidades de impresión 3D utilizando os distintos software necesarios, aprender a calibrar para conseguir unha impresión de calidade e optimizar o uso da impresora.

– Obradoiro de ensamblaxe (constrúe a túa propia impresora):
Taller de fabricación dunha impresora RepRap e aprender o manexo do software de impresión. Non son necesarios coñecementos específicos de electrónica ou informática.
*O curso inclúe o kit de impresora BCN3D+ de xeito que o asistente terá unha impresora montada por el mesmo o rematar o curso.

MÁIS INFORMACIÓN:

Podes consultar o noso modelo de unidade didáctica seguindo este enlace. Solicita máis información a través do seguinte formulario e poñerémonos en contacto contigo para adaptar estes cursos ás túas necesidades.

Los campos marcados con * son obligatorios.

Back to Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR