Servizo de impresión 3D

En Brinka3D dispoñemos de impresoras BCN3D+ que transformarán os teus arquivos informáticos en obxectos físicos dun xeito preciso. A tecnoloxía de Impresión 3D de Modelado por Deposición Fundida ou FDM (Fused Deposition Modeling) é ideal para fabricar prototipos de xeito rápido (rapid prototyping) en calquer eido profesional como a arquitectura, todas as enxeñarías, a escultura ou a arte en xeral, o deseño de calquera tipo, etc. pero tamén para afeccionados ao modelismo, a robótica, etc. No caso de que non dispoñas de modelo 3D nós podemos debuxalo por ti a partir dos teus planos e mesmo realizar renders ou arquivos BIM (tipo Revit). Enviamos as impresións a calquer punto de Galicia sen custo engadido.

Principalmente utilizamos dous tipos de materiais en multitude de cores: o PLA, material biodegradable, e o ABS, derivado do petróleo. En caso de necesidades máis específicas tamén dispoñemos de Nailon (material con maior resistencia mecánica), Filaflex (novidoso material flexible), Laywood (composto de madeira e plástico), Laybrick (composto de áridos e plástico), etc.
Cada modelo ten unhas características específicas en función do seu tamaño, o tipo de material utilizado, o tempo de impresión, a calidade de rematado, etc. polo que é necesario ter toda esta información para facer un presuposto axustado, por iso se queres pedirnos un presuposto do teu modelo podes enviárnolo a info@brinka3d.com ou cubrir o seguinte formulario e nos poñeremos en contacto contigo o antes posible
Los campos marcados con * son obligatorios.

Voltar arriba

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, cliquear o enlace para maior información.

ACEPTAR