Constrúe a túa propia impresora 3D

Constrúe a túa propia impresora 3D

Constrúe a túa propia impresora 3D

Comentarios desactivados en Constrúe a túa propia impresora 3D

Taller de ensamblaxe – Constrúe a túa propia impresora 3D: 30/31 Xaneiro -1 Febreiro 2015 no Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa da Coruña.

Nos últimos anos produciuse un avance significativo na tecnoloxía de impresión en tres dimensións con aplicacións en ámbitos tan diversos como a enxeñaría espacial, a arquitectura ou a cociña. Este taller pretende achegar a impresión 3D a todo tipo de usuarios, dende profesionais a afeccionados. Explicando previamente o deseño de cada un dos seus elementos, os asistentes levaranse ao rematar o curso unha impresora RepRap totalmente montada, da que coñecerán o seu manexo e mantemento, así como os distintos programas de software necesarios para o seu uso. Cada asistente ao curso poderá levar un acompañante sen custo engadido que lle axude a montar a súa impresora 3D.

MÁIS INFORMACIÓN (prema aquí)

Voltar arriba

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, cliquear o enlace para maior información.

ACEPTAR