Obradoiros na Escola Unitaria

Obradoiros na Escola Unitaria

Obradoiros na Escola Unitaria

Comentarios desactivados en Obradoiros na Escola Unitaria

Nos meses de Xaneiro e Febreiro estivemos a realizar uns obradoiros na Escola Unitaria en Santiago de Compostela. O primeiro deles foi un obradoiro o debuxo en tres dimensións a través do programa Sketch Up, onde os asistentes aprenderon a empregar as distintas ferramentas deste programa que está a acadar tanta relevancia como programa estándar de iniciación no debuxo en 3D. O segundo destes obradoiros estivo enfocado ao Modelado Libre e a Impresión 3D, co escáner láser ou a partir de fotografías creamos modelos 3D que modificamos modelándoos de xeito escultórico e preparámolos para imprimir en 3D.

Na Escola Unitaria encontrámonos sempre como na casa, moitas gracias ao equipo da Unitaria e, sobre todo, moitas gracias aos asistentes pola súa participación!

Voltar arriba

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, cliquear o enlace para maior información.

ACEPTAR