(Última actualización 13/06/2017)


 

Listado de links que empregamos nos distintos obradoiros de Brinka3D:

 

Biblioteca modelos Sketch Up / BIM:

  • Sketch Up 3D Warehouse: biblioteca de compoñentes (bloques): obxectos listos para introduccir no Skecth Up, coa súa xeneralización hai moitas empresas que xa poñen aquí os seus catálogos. Moitos dos modelos xa se poden descargar tamén en formato *.stl (ao premer no botón de “download” do obxecto xa aparece nas opcións de descarga se está dispoñible) e pódesen buscar como “printables”. Tamén podemos buscar “only printable models” na zona de búsqueda avanzada (triángulo na zona de búsqueda).
  • BIMobject: páxina web con millóns de modelos BIM paramétricos, principalemente pensados para os programas BIM (especialmente Revit) temén se poden descargar na maioría dos casos para SketchUp ou Autocad. Pódese engadir como plugin do programa e inclúe multitude de marcas comerciais.
  • Syncronia: outra biblioteca de modelos BIM de empresas (a maioría de deseño italiano) moitos destes modelos atópanse en formatos *.3ds ou *.obj.
  • Polantis: unha biblioteca de modelos BIM onde podes atopar os mobles de IKEA.

 

Biblioteca modelos Impresión 3D: Thingiverse

  • Thingiverse é a biblioteca especializada en obxectos para a Impresión 3D máis grande do mundo, onde podes baixar modelos principalmente en *.stl pero algunha xente tamén inclúe os modelos en otros formatos como poden ser *.skp (Sketch Up) ou *.scad (OpenSCAD).
  • É recomendable revisar o modelo que se descarga da páxina co NetFabb para comprobar que non hai erros no deseño (tamén serve como comprobación ver se hai xente que xa imprimiu o modelo con anterioridade).
  • Existe un apartado dentro da biblioteca onde podes personalizar modelos paramétricos feitos por otra xente, trátase do Customizer, e tamén crear os teus propios modelos paramétricos para compartir.
  • O propio equipo do Thingiverse ten unha sección de modelos con fins educativos: Makerbot Education, que inclúe tanto creados por eles como coleccionados de outra xente. Tamén se poden buscar modelos educativos dun xeito máis organizado co novo Thingiverse Education onde os proxectos están separados por edades (dende gardería a universidade) e por temáticas.
  • A parte dos modelos que sube a xente, tamén se poden atopar obxectos modificados por outros usuarios, sempre facendo referencia ao modelo orixinal. Son os “customize” (persoalizados), “mash-up” e “remix” (modelos xa existentes remezclados).

 

Buscadores de STL:

  • Estas páxinas funcionan como google pero buscando so entre modelos stl. Calquera das dúas funciona do mesmo xeito, ao buscar un modelo determiñado aparécennos os distintos resultados indicándonos a biblioteca onde están localizados (o que nos permite ir atopando novas bibliotecas) e se o modelo é de pago ou gratuíto.
  • STL Finder: Ao lado do botón de búsqueda “filter 3D Models” permíteche seleccionar entre as distintas bibliotecas que busca. Tamén che permite filtrar entre modelos de pago e gratuítos. Se tes creada unha conta gratuíta vai gardando os modelos que tes sinalados como favoritos.
  • Yeggi: Búsqueda entre modelos imprimibles e no botón de “show options” permite seleccionar entre modelos de pago e gratuítos. Tamén filtra entre “best match”, “populars” e “latest”.

 

Faino ti mesmo (DIY – Do It Yourself):

  • Instructables: é unha biblioteca adicada a proxectos DIY, cada un destes inclúe tutoriais para poder facer cada un deles e tamén inclúe unhas clases para aprender a usar cada un dos medios (impresión 3D, arduino, rasberry pi, formigón, pan, etc.). A Impresión 3D é so unha das múltiples categorías e tamén poden aparecer pezas para imprimir como complemento en proxectos de outras categorías. Aínda que pertence a Autodesk, está respaldado por unha gran comunidade que tamén axuda a través das preguntas nas seccións de comentarios.

 

Bibliotecas alternativas:

  • 3Dizingof: modelos gratuítos e de pago, sobre todo interesantes como inspiración para os nosos propios deseños.
  • Sketchfab: modelos de altísima calidade, non todos están pensados para ser imprimidos. Esta páxina destaca pola calidade da súa visualización e incluso permite incrustar a visualización de modelos teus na túa propia páxina web (do mesmo xeito que youtube fai cos vídeos) por iso é a páxina preferida dos especialistas en modelado para colgar o seu portfolio. Se buscamos obxectos para imprimir ou para traballar sobre eles no meshmixer temos que seleccionar “downloadable” en la sección “features” de la búsqueda avanzada (despois de realizar unha búsqueda en “search”). Dous exemplos interesantes dentro do Sketchfab son o de persoas como Eloy Martínez (que publica escaneados do Museo de Pontevedra) ou modelos como do da Venus de Willendorf (que se pode descargar).
  • Youmagine: funciona do mesmo xeito que Thingiverse e a estética é moi similar, moitos deseñadores cambiaron as súas contas de Thingiverse a Youmagine para evitar a publicidade de Makerbot (aínda que esta pertence a Ultimaker) como por exemplo Flowalistik (o dos Pokemons Low-Poly).
  • Pinshape: Outra alternativa a Thingiverse, a súa caracteristica diferencial é que trata de ter organizados os modelos por categorías para que sexan máis doados de atopoar. Tamén podes comprar e vender modelos aínda que a maioría son gratuítos. Non pertence a ningunha compañía de impresoras a diferencia de Youmagine ou Thingiverse.
  • Rascomras: é a versión española de Thingiverse, está ben se queres buscar algo específico de en español.
  • GrabCAD: biblioteca centrada principalmente en enxeñería mecánica e electrónica, pero que cada día se está a extender a outros campos empezando polo deseño industrial. Un complemento de esta páxina web é o Workbench que permite compartir e visualizar modelos CAD online multiplataforma sendo unha boa ferramenta para o traballo en equipo.
  • MyMiniFactory: biblioteca composta exclusivamente por modelos imprimibles. Tamén dispón de categorías de productos comerciais como poden ser aspiradores, mobles de Ikea, etc. Como complemento curioso inclúe unha televisión (realmente un canle de youtube onde os usuarios van compartindo tutoriais).

 

Outras bibliotecas soltas:

  • CGtrader: inclúe tanto modelos non imprimibles como modelos imprimibles, por algún dos modelos hai que pagar.
  • Cults3D: mezcla modelos imprimibles tanto de pago como gratuítos.
  • 3DShook: biblioteca de modelos de impresión 3D, destaca por tratar de ter os modelos ben organizados por categorías e incluíndo se precisan soportes ou non. Pero a maioría son modelos de pago (e que podemos atopar de xeito gratuíto noutras páxinas web) e podemos realizar unha subscripción de pago para recibir modelos tódolos meses.
  • Bld3r: biblioteca organizada como unha rede social onde os modelos máis populares van ascendendo posicións e gañando máis visibilidade.
  • 3Dfilemarket: biblioteca combinada con unha tenda de filamento e inclúe mapa da comunidade e a súa relación coas tendas de impresoras e 3dhubs. Tamén ten deseños de pago.
  • 3DaGoGo: biblioteca onde podes comprar e vender os teus modelos ou descargar modelos gratuítos. Hay modelos comprobados pola propia páxina para que sexan imprimibles.
  • MakePrintable: outras biblioteca onde podes comprar e vender modleso ou descargar modelos gratuítos.

 

Bibliotecas de modelos específicos:

 

  • Smithsonian X: Proxecto de escaneo dos fondos do museo Smithsonian de Washington D.C.  que permite ver os modelos online ou descargalos (incluso a nube de puntos do escaneo nalgúns casos).
  • Remake: O programa Autodesk Remake tamén conta coa sua propia biblioteca de modelos. Sobre todo é interesante para conseguir escaneados de museos e de usuarios avanzados como Tatjana.
  • Enabliling the Future: ONG adicada a creación e distribucción de máns ortopédicas en código aberto (sen copyright).
  • Hovalin: Deseño de violíns de código aberto (reproducibles sen copyright).
  • Beeverycreative: Páxina web dos fabricantes de Impresoras 3D portugueses BeeVeryCreative, no apartado Beefiles aparecen modelos que eles van imprimindo indicando a biblioteca dende onde descargaron o modelo, a configuración empregada e o custo aproximado que tería imprimilo.

 

Servizos de Impresión Online:

  • Podes enviar un deseño a estas páxinas web e eles envíanche o obxecto impreso a casa. Tamén podes comprar obxectos de modelos que a xente publica nestas páxinas web.
  • Os seleccionados a continuación son os máis coñecidos, de todos eles podes conseguir un presuposto a través do meshmixer (no apartado que se encontra na esquina inferior esquerda “print”).
  • Shapeways: con oficinas en New York e Eindhoven (NL). Poden imprimir en múltiples  materiais e tamén lles podes pedir que che envíen mostras dos seus materiais. Inclúen un montón de tutoriais para que poda deseñar os teus modelos de acorde cos sistemas de producción e as míticas apps de creator.
  • i.Materialise: con oficinas en Leuven (Bélxica). Tamén traballas con múltiples materiais, con mellores tutoriais para o seu uso que shapeways, e podes pedir mostras. O apartados de apps creationcorner non é tan extenso como shapeways.
  • Sculpteo: con oficinas en San Francisco e Villejuif (Francia), a páxina encóntrase traducida ao español. Como as anteriores con múltiples materiais perfectamente explicados en español, aínda non están traducidos os tutoriais e os eBooks.
  • 3D Hubs: funciona de xeito completamente distinto as tres anteriores. Neste caso 3D Hubs conecta a servicios de impresión locáis con usuarios finais. De tal xeito que te podes dar de alta a túa propia impresora. Se o que queres é imprimir, vas seleccionando as características da impresión que precisas e eles van atopando os servicios de impresión listando primeiro os máis próximos (e podes ver o tipo de impresora que teñen para saber qué calidade ofertan).

 


 

* Preguntas ou dúbidas? Escrébenos a info@brinka3d.com

(Tamén admitimos suxerencias de links que ti atopes interesantes)

Voltar arriba

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, cliquear o enlace para maior información.

ACEPTAR