Programas Modelado 3D

(Última actualización 15/05/2017)


 

Este listado está baseado nos programas gratuítos que empregamos nos distintos obradoiros de Brinka3D:

 

Deseño Vectorial – CAD: Sketch Up

  • Software de referencia no modelado “vectorial” a nivel básico pola súa facilidade de aprendizaxe e uso (PC, Mac).
  • Descargar versión Make (gratuíta) ou Pro (caduca ao mes e pasa automáticamente a Make). Se queres buscar entres as versións antigas ou descargar sen pasar polo cuestionario de Sketch Up podes facelo aquí e incluso instalalo en Ubuntu seguindo estas instruccións.
  • Nova versión online para poder usar sen necesidade de descargar nada en este link.
  • Recursos do Sketch Up xurdidos a partir da potente comunidade de usuarios: Extensións (Plugins) – Compoñentes (bloques).

Alternativas:

  • Tinkercad: Modelado 3D vectorial directamente online, non precisas ter instalado nada no teu ordenador. Parecida na seu funcionamento o 123D Design, moi sinxela para aprender os principios do debuxo en 3D. Ten exercicios de aprendizaxe para iniciación (online).
  • E, por suposto, calquer programa clásico de CAD/CAM de pago (como pode ser o AutoCAD), programas BIM (Revit, por exemplo) ou de modelado 3D (como 3D Studio, etc.) Podemos destacar unha dos últimos desenvolvementos de Autodesk enfocado no deseño de producto: Fusion 360 (PC, Mac).

 

Deseño Paramétrico: OpenSCAD

  • Programa de referencia no deseño paramétrico que permite a realización de obxectos a partir de fórmulas matemáticas. Según Wikipedia: “proceso de deseño baseado nun esquema algorítmico que permite expresar parámetros e regras que definen, codifican e claran a relación entre os requerementos de deseño e o deseño resultante”. Exporta/Importa .stl e .dxf (PC, Mac, Linux).
  • As pezas persoalizables do Thingiverse no Customizer (online) están feitas baixo este código que podemos tamén recuperar e abrir co programa.
  • BlocksCAD: Programa tipo Scratch, para que os rapaces aprendan a empregar o código OpenSCAD (online).
  • FreeCAD: Programa de deseño paramétrico, onde se poden importar pezas xa creadas co OpenSCAD e tamén STL para crear obxetos máis complexos. Sería unha alternativa gratuíta ao Inventor de Autodesk (PC, Mac, Linux).
  • Deste tipo de programas existen multitude de variantes e complementos como podemos ver o apartado de “Aplicacións específicas”, un exemplo sería Parametric Parts (online).

 

Escaneados: Traballo con Nubes de Puntos e Mallas:

  • MeshLab: As nubes de punto son resultado dos programas de escaneado que empregan os escáner láser ou dos programas de fotogrametría dixital como o VisualSFM, co MeshLab podemos tranformalas en mallas para poder traballar con elas como volumes (PC, Mac).
  • CloudCompare: Unha alternativa máis sinxela de usar que o MeshLab pero con menos funcións (PC, Mac, Linux)
  • Recap 360: O programa de Autodesk para o manexo de nubes de punto (é de pago pero está ben botarlle unha ollada a páxina web).
  • Autodesk Remake: novo programa de Autodesk de escaneado a partir de fotografías, sustituto do 123D Catch como vemos no manual de escaneado (PC, Mac). Este programa xa cra as mallas directamente e permite a sua modificación (ferramentas similares ao MeshMixer).

 

Traballo con Mallas:

  • Aplicacións gratuítas e a maioría multiplataforma. Calquera de elas pode solicitar o rexistro, a nosa recomendación é facelo a través de Facebook ou Twitter xa que non envían publicidade e aforras ter que crear unha conta en Autodesk.
  • MeshMixer: aplicación máis importante de modificación de modelos 3D “ao estilo photoshop”, modificando directamente as mallas do mesmo xeito que o photoshop modifica os mapas de bits, complementa os programas vectoriais (PC, Mac).
  • Un programa para o modelado libre alternativo coas funcións de escultura do MeshMixer sería o Sculptris, versión gratuíta do software profesional de pago ZBrush de Pixologic (PC, Mac).

 

Aplicacións Específicas:

  • Programas que podes encontrar online onde facer modelos de xeitos específicos, normalmente están asociados a servizos de impresión baixo demanda.
  • Proxectos que aínda están a medio desenvolver pero que poden ser interesantes no futuro. O Charmr! para o deseño de xoiería e o Project Shapeshifter para a creación de formas complexas (moi interesante).
  • Aplicacións Creator de Shapeways (servicio de impresión baixo demanda): aquí encóntrase a selección de apps que fixo Shapeways, trátase dun grupo heteroxéneo dende a xoiería a Minecraft (tamén hai aplicacións no Creation Corner de iMaterialise pero a maioría son repetidas).
  • Algunha aplicación solta encontrada por ahí: Selva3D (3D a partir de fotografías)

 

Reparación de Modelos: Netfabb

  • Programa de referencia na reparación de modelos 3d para a súa impresión 3D (PC, Mac, Linux).
  • Unha vez que se incorpora o modelo en 3D de distintos formatos tamén se pode escalar, cortar e orientar para enviar o modelo, xa en stl, ao software de laminado.

 

Programa de Laminado: Slic3r

  • Un dos software de laminado con máis usuarios sobre todo nas impresoras RepRap (PC, Mac, Linux).
  • Non se instala, directamente descárgase e execútase.
  • Os fabricantes das impresoras facilitan as configuracións necesarias para poder manexar a impresora con este programa.
  • Existen outros progamas alternativos de laminado como poden ser o Cura, Repetier, etc. E normalmente, o fabricante da impresora xa nos indica cál é o máis axeitado para as súas máquinas (ou deseña unha versión persoalizada destes programas).

 


 

* Preguntas ou dúbidas? Escrébenos a info@brinka3d.com

(Tamén admitimos suxerencias de programas que ti atopes interesantes)

Voltar arriba

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, cliquear o enlace para maior información.

ACEPTAR